top of page

Tabú

​

Semellar sen imitar, figurar sen esquecer. 

Escenario carnavalescos de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos. 

Que muller eras ti? 

Que muller es ti? 

A apariencia coma posibilidade de futuro. 

​

Agosto de 2020. Atopámonos no centro de Allariz, concretamente no cruce entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Ante nós, unha rechamante fotografía, datada de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela un conxunto de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoya de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria, e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”. 

Aparentemente, estabamos ante o primeiro rexistro fotográfico dun equipo pioneiro de futfem, unha imaxe en branco e negro, pertencente ao Aquivo Municipal de Allariz, onde estas 12 mulleres aparecen ataviadas co uniforme futbolístico posando en formación. 

A imaxe parécenos dunha inmensa beleza, e cústanos deixar de pensar na historia que debe de haber por detrás: 

Quen eran estas mulleres? 

Que foi delas? 

Que sucedeu nese partido? 

Atopámonos ante unhas pioneiras? 

Fronte a estes interrogantes, comezamos -sen retorno- un mergullo nas curiosidades destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir. 

​

Tabú de Colectivo Glovo | Esther Latorre & Hugo Pereira (manulago.com)

​

​

       

                                                      

​

​

Estreno en abril de 2022.

​

Creación

Esther Latorre y Hugo Pires

​

Interpretación

Clara Ferrao, Sybila Gutierrez, Esther Latorre, Fran Martínez, Hugo Pires.

 

Deseño de iluminación

Pedro Fresneda

​

Técnico en xira

Jaume Blai

​

Espazo sonoro

BABYKATZE

​

Vídeo

Dani Rodríguez

​

Apoio en xestión

Manu Lago - Galicia Danza Contemporánea

​

Fotografía

Carlota Mosquera

 

Deseño gráfico e web

Manu Lago

​

Deseño de imaxe

Paulina Funes

​

Vestiario

Colaboración con Adolfo Dominguez

​

Coproduce

Centro Coreográfico Galego  - Xacobeo 21/22 Xunta de Galicia

​

Co apoio de

Teatro Ensalle

INAEM - Ministerio de Cultura - Gobierno de España

Concello de Lugo

Museo MIHL

Concello de Allariz

A Casa Vella

Galicia Danza Contemporánea

Escola Palimoco

​

e

e

e

e

e

f

f

f

f

f

f

f

e

e

e

p

p

p

p

p

p

p

p

u

u

u

u

u

u

u

u

n

n

n

n

n

n

n

t

t

t

o

o

o

o

o

bottom of page